Amosando publicacións coa etiqueta Análise Sintáctica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Análise Sintáctica. Amosar todas as publicacións

mércores, 2 de marzo de 2016

Análise das cláusulas/Oracións/Proposicións



0.- Modalidades: aseverativas, interrogativas, imperativas, desiderativas, exclamativas.
1.- Xustapostas: non hai nexo (pausa, coma)
2.- Coordinadas
  • copulativas (e, mais, nin)
  • adversativas (mais, pero, porén...)                               
  • disxuntivas (ou, ben...)
  • distributivas (ben... ben, xa... xa, ...)
  • explicativas (é dicir, ou sexa...)
3.- Subordinadas
  • substantivas (función de CD, CI, SUX, SUP, PRED, AT) (que, se)
  • adxectivas (nexo relativo: que, cal...)
  • adverbiais:
1.- Función de CC:
  • tempo (cando, antes de que, asemade, despois de que, mentres...)
  • lugar (onde)
  • modo (como, segundo, consonte...)
  • cantidade (canto)
2.- Función non CC:
  • comparativa (ca, que, coma, como)
  • causal (porque, dado que, posto que, xa que ...)
  • condicional (se, con tal que ...)
  • consecutiva (conque, de maneira que, de xeito que... )
  • concesiva (aínda que, a pesar de que ...)
  • final (para que, a fin de que ...)

Análise Sintáctica


****A frase (sintagma): núcleo e adxacentes (determinante, modificador)
-fn frase nominal: núcleo un substantivo ou pronome
-fv frase verbal: núcleo un verbo
-fadx frase adxectiva: núcleo un adxectivo
-fadv frase adverbial: núcleo un adverbio
-fprep frase preposicional: o 1º elemento é o relator –enlace- (preposición) seguido do termo (outra frase)



*** Consellos para analizar os elementos dunha cláusula/proposición/oración: suxeito, núcleo do predicado, complemento directo, suplemento, complemento indirecto, complemento circunstancial, complemento predicativo, axente da pasiva, pronome de solidariedade, pronome de interese.
1.- Procuramos o suxeito, (quen? realiza a acción verbal) que ha de concordar co verbo. En moitos casos estará oculto (elidido) e hai verbos impersoais.  O sol sae por alí. Chove moito
2.- Procuramos o verbo (núcleo do predicado)
2.1.- Se é un verbo copulativo (ser, estar, parecer, semellar), procuramos o atributo: Helena está cansa
2.2.- O verbo é predicativo (resto dos verbos)
2.2.1.-Se o verbo é transitivo ha de levar complemento directo (que?). Se temos dúbidas de cal é o complemento directo podemos volver a frase a pasiva e o complemento directo resultará suxeito. Exemplo:onte vinte na rúa = onte ti fuches visto por min na rúa. En moitos casos o complemento directo é un pronome persoal.
2.2.2.- Se observamos que o verbo pide (nese significado) un sintagma preposicional teremos un suplemento: o can bebía no leite
2.2.3.- Procuramos o complemento indirecto (a quen? para quen?) nos verbos intransitivos (non é obrigatorio) e tamén o podemos atopar nos transitivos acompañando o complemento directo. En moitas oracións atoparemos un complemento indirecto duplicado, un pronome átono e outro sintagma: deilles o mando aos meus pais.
2.2.4.- O verbo é predicativo mais encontramos un adxectivo ou similar nunha función semellante ao atributo dos verbos copulativos..., estamos diante dun complemento predicativo (que podemos confundir cun complemento circunstancial de modo): María quedou parada alí.
2.3.- Procuramos o complemento circunstancial (cando? onde? como? canto?; adverbios, sintagmas preposicionais...): tempo, lugar, modo, cantidade...
2.4.- Se nos quedan pronomes persoais átonos que non son complemento directo nin indirecto, poderán ser de solidariedade ou interese (propios da lingua falada). O pícaro non che me come nada estes días
2.5.- Se a oración está en pasiva (ser+participio), podemos encontrar o axente de pasiva (encabezado pola preposición por): Antón foi educado polos avós