Amosando publicacións coa etiqueta Máis - mais -amais e mais - a mais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Máis - mais -amais e mais - a mais. Amosar todas as publicacións

xoves, 3 de marzo de 2016

Máis, mais, amais, e mais, a mais...


Máis 

- así con acento diacrítico, é un adverbio de cantidade. “Os vascos son máis altos ca os galegos”. 
- Máis é tamén un cuantificador indefenido, con valor comparativo: Fixo máis cartos ca Carlos.; Xa non teño máis fame.
Na secuencia o máis de/ a máis de / os máis de / as máis de, toma o valor de "a maioría de" e "a maior parte de": Pasaba o máis do tempo mirando pola ventá.; As máis das veces pedía chocolate.
- Esa mesma forma tónica fai parte do pronome identificador o máis / a máis / os máis / as máis, equivalente a "o demais, o resto": Nós viñemos con Ana. Os máis colleron o autobús.
-Máis é un substantivo que denomina o signo da adición: Pon aí un máis ben grande. Que se vexa: dous máis dous son catro.
Estes valores da conx. e (e máis) ou a prep. a (a máis): Avisa a máis amigos e máis coñecidos

Non leva acento "mais" cando é conxunción adversativa, sinónima de pero. “Eu fun ao castelo mais vós non estabades alí”.  "Pero" é un castelanismo que debe evitarse e, polo tanto, substituírse sempre por este mais.

Mais 
- Conxunción adversativa (equivale a "pero". Pero debe evitarse posto que é un castelanismo. A RAG aceptao polo gran uso da xente pero aconsellase evitalo)
- forma parte das locucións conxuntivas "e mais" e "a mais", que se empregan para resaltar a idea de que se suman elementos "e (tamén)". Por veces tamén se emprega a forma simple mais co mesmo significado: Levou consigo un sobriño e mais un afillado; Ti a mais eu sabemos de que falamos.; Acórdame que foramos eu máis Pedro na moto.

Amais 
- é un adverbio, equivalente a "ademais" forma con "de" a locución prepositiva amais de: E, amais, débolle a vida; Xan era, amais de fachendoso, un pillabán