Amosando publicacións coa etiqueta apuntamentos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta apuntamentos. Amosar todas as publicacións

luns, 13 de xuño de 2016

Cómrpe saber ademais que...


Abondo: Hai cartos dabondo para financiar este proxecto / Hai cartos abondos para financiar este proxecto


Algún/s - algunha/s:

En galego, esta forma non pode aparecer tras negación. Nese caso empregaremos NINGÚN: *Escribinlle sen resultado algún > Escribinlle sen resultado ningún.
Como adxectivo só pode ir diante do substantivo. Debido a isto a frase anterior é dobremente incorrecta.

Contrae coas preposicións "de" e "en". É de interese para non cometer erros ter presente que alguén e algo non contraen con ditas preposicións.
Ousexa que, de+alguén; de+algo; en+alguén; en+algo= Dalguén, dalgo, nalguén, nalgo; NON SE PODEN CONVINAR POLO TANTO, NON EXISTE


Ningún/s - ningunha/s: Como forma adxectiva pode colocarse antes ou despois do substantivo sempre que vaia despois do verbo. No caso de que vaia antes do verbo ten que ir antes tamén do substantivo: *técnico ningún o optima.


Todos:
Pode facer construccións do tipo todos + artigo + numeral cardinal (+substantivo) ou, sempre que o numeral cardinal sexa superior a dous, todos + numeral cardinal (+substantivo): alá van todos tres / daquela foi cando saíron á solaina todas catro irmás.
Ademais se todo vai seguido do pronome persoal ou de topónimos non ten por que concordar coa palabra á que se refire: á estrada facía falla botarlle alcatrán por todo ela.


Calquera carece de flexión de xénero e número. Son polo tanto incorrectas as voces: *calquer, *calesquera, *calisquer... Tamén é incorrecta *calqueira, voz de recente creación que ten como base o actual presente de subxuntivo do verbo querer ('queira', na antigüidade era 'quera').


Máis:
A palabra "máis" (con acento) pode ser:

Adverbio de cantidade: Son máis lista cá vós
Indefinido: Os máis deles levaban gravata.
Parte dunha locución adverbial: Iso é de máis.
Adxectivo: ¿Quen é máis home aquí?


A palabra MAIS (sen acento) pode ser:

Conxunción copulativa: Ides ti a mais (e mais) el.
Conxunción adversativa: Subtitución de 'Pero': Eu fun a casa mais alí non estaba


Outro/-a/-os/-as contrae coas preposicións "de" e "en" e cos demostrativos este/-a/-es/-as, ese/-a/-es/-as e aquel/-a/-es/-as.

Ren e res poden aparecer unicamente se se dan as seguintes condicións:
a) que sexan obxecto directo,
b) que estean nun contexto negativo,
c) que estean situados tralo verbo,
d) que se empreguen co mesmo significado ca nada: Non dixo res.

Cadaquén ten o valor de 'cada persoa, cada un', empregado para toda persoa sen distinción, todo o mundo: Cada quen ten que amaña-los seus asuntos.

Quenquera só se refire a persoas co senso de 'calquera persoa'. O seu emprego é máis ben literario e de lingua culta, e case non se utiliza máis ca asociado ó relativo que: Dixo que quenquera que viñese.

Son construcións típicas galegas as que realiza tal, tales:
 a) Pois eu estiven alí e non vin tal.
 b) Pois eu sigo dicindo que si hai tal.
 c) Non ía tal, non tal.
 d) Si tal, que ben me soubo.


Como variante de ámbolos dous emprégase a miúdo ambos e dous: Agora viven ambos e dous na Coruña.


Mesmo:
Pode equivaler a "identidade": Eu mesmo llo preguntei
Pode equivaler a "igual": É o mesmo facelo ca non facelo
Pode equivaler a "xusto":Pasou mesmo por aquí.
Pode equivaler a "incluso": Viñeron todos, mesmo o teu irmán




Fonte: Wikibooks en galego

sábado, 2 de abril de 2016

Recursos en galego

Nomenclátor galego
Departamentos e Institucións Universitarias
Recursos das linguas do mundo
Lexislación
Dicionarios e léxicos monolingües
Dicionarios e léxicos plurilingües
Vocabularios temáticos
Fraseoloxía
Recursos na rede
Aprender galego
Buscadores
Páxinas Culturais

Atoparalo todo na seguinte ligazón: 

http://hoxe.vigo.org/movemonos/lingua1.php?lang=gal

luns, 29 de xuño de 2015

Apuntamentos que che poden axudar para aprender e mellorar a lingua galega




Velaquí comparto con todXs vós os apuntamentos que vos poderán servir para repasar ou aprender galego.
Para empezar aconsello este arquivo pdf que o podes gardar perfectamente e resolverache tódalas dúbidas que te plantexas:


Se estás comenzando a aprender galego, aconsello este arquivo pdf:
 http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/DXPL/herdada/herdada/lingua.pdf
Esteoutro son exercicios coas súas correspondentes solucións;
               http://www.xunta.es/linguagalega/manuais_de_galego

Outras ferramentas:  
Dicionario online da Academia Real Galega, que incluso che responden a calquer dúbida! (comprobado por min mesma)

Este traductor é moi bo pero non ten para linguas estranxeiras: 
                                  http://sli.uvigo.es/tradutor/

E este, aínda que teña bastantes erros, é o mellor que hai para linguas foráneas (inglés, francés, etc,.) 
                                      http://www.opentrad.com/



Ben, pois xa tes material abonda para aprender galego para disfrutar do verán en Galiza falando galego!!