Amosando publicacións coa etiqueta Despistes máis comúns. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Despistes máis comúns. Amosar todas as publicacións

venres, 1 de abril de 2016

Louro, rubio e roxo

Louro (loiro non é a forma máis recomendábel):

- De cor castaña escura tirando a vermella, coma a da castaña madura

- De cor castaña moi clara ou tirando á do ouro.



Rubio existe pero é igual ca roxo (granate)


Roxo e rubio:

- [Pelo, cabelo etc.] da cor do ouro ou algo máis escura

- De cor entre o castaño tirando a vermello e o amarelo tirando a vermello.






xoves, 31 de marzo de 2016

luns, 14 de marzo de 2016

Castelanismos que adoitamos usalos



En cor azul é a forma correcta, e a vermella é a que se usa normalmente mais non é correcta

1- Utilización incorrecta de tempos compostos co verbo "haber" no canto das formas simples galegas: Había camiñado moito, Camiñara moito.

2- A conxugación incorrecta dos verbos irregulares: andivei, andei / tuven, tiven / sabrán, saberán / obedezco, obedezo / conduxen, conducín.

3- O emprego de verbos con valor reflexivo cando reflexivo cando na nosa lingua non son reflexivos:
Sentouse no sofá, sentou no sofá 
Caeuse pola rúa, caeu pola rúa 
Casouse o sábado, casou o sábado

4- Emprego de preposición e na perífase IR+INFINITIVO:
Imos a ir o cine, imos ir ao cine 
Van a facer unha viaxe, van facer unha viaxe

5- A non utilización do artigo acompañado ao posesivo: Meu compañeiro, O meu compañeiro.

6- A confusión entre TE e CHE: Saudeiche, saudeite; dixéronte, dixéronche.


7-A colocación incorrecta dos pronomes átonos:
Me chamas cando chegues, chámasme cando chegues.
Nunca cómprache agasallos; Nunca che compra.
Dille que quérolle dicir; Dille que lle quero dicir


Exemplos de palabras "castelanizadas":
Billa, grifo
Tixola, sartén
Cana, caña
moa, muela

Castelanismo disfrazado:

Coello; conexo
Antollo; antoxo
Concellal; concexal
Parella; parexa
Baralla; baraxa
Lentella; lentexa


Agunhas palabras acabadas en -illa ou -illo, poden chegar a confundir porque semellanse ao castelán, como bocadillo (e non bocata) perilla... estas formas son correctas.

mércores, 21 de xaneiro de 2015

ERROS máis comúns

Para empezar en galego, o "ola" de saúdo é sen hache e tamén significa un tipo de pota de cociñar. O mar produce "ondas" e non "olas" que neste caso sería un castelanismo

VERBO ESTAR: A miúdo a xente adoita dicir o verbo “estar” sen o “es”:

“Tou  na casa de María”, cando en realidade é “Estou na casa de María. 


SÓ/SOA: Moita xente en vez de dicir “Estou soa na casa”, di “Estou sola na casa”.
En masculino, sería: “Estou só na casa” en vez de “Estou solo na casa”. 

Máis exemplos: Eu quería ir, só que non puiden.

AGORA: A xente tende a confundilo con “ahora”. “Agora mesmo vou para alí”, e non “Ahora mesmo vou para alí”


MESMO: Na frase anterior aparece mesmo, que a xente adoita condunfilo con: mismo. Exemplo: “Ahora mismo” o correcto sería dicir: Agora mesmo” 

COMIGO: Outro erro moi común é que normalmente dise ou escríbese “conmigo” cando a forma correcta é “comigo” . Exemplo: “Vente conmigo ó concerto” e débese dicir: “Vente comigo ó concerto” 

DICIR: Adoitamos dicir “decir” e non é correcto. É dicir.


Cos pronomes DEMOSTRATIVOS: 

ESTE                   ESE                  AQUEL (masculino)
ESTA                   ESA                  AQUELA (femeninio)
ISTO                 ISO                  AQUILO (neutro) 

Normalmente a xente tende a dicir : “esto”, “eso” “aquel” (neste último caso cando é neutro, igual co masculino, mais non é así)


"De" ou "do" para as datas?


- 10 de abril de 2013
- 10 de abril do ano 2013


Horas

- Hoxe é 10
- Onte foi 9
- Mañá será 11



CLIMA (Vai): aire (e non vento), sol, frío, calor. (e non "vai aire, vento..."). Vai aire. Vai sol.

TEMPO QUE CORRE (Hai)
: Hai cinco anos que non te vexo. Hai dous anos que estudo galego.


PARA E PA`

-Escríbese "para" SEMPRE pero leese "pra" e "pa" dixe só oralmente pero non na escrita, non se pode poñer co apóstrofe.


"BUENO"

Emprégase só oralmente, aínda que convén evitalo e sustituílo por "ben". Non se emprega na escrita.


-MENTE

As palabras rematadas en -mente nunca levan acento.


El 

Nunca leva til porque, porque a diferenza do castelán, non precisa distinguirse.


Non obstante / Porén: Cando queiras poñer "sen embargo" pon: 
Porén ou Non obstante, porque sen embargo non existe




"Casi" non, é CASE


VELLO: persoa maior. BELO= Precioso. Pero bello NON existe en galego.


SEN casa. Pero sin casa, non está admitido.


NIN: Non ten NIN casa; porque "Non ten NEN casa", o nen non existe



Tamén (ollo! leva til)

Ademais (ollo! non leva til)

Talvez (vai todo xunto)

Dende ou desde valen as dúas, nun texto escolles unha soamente.


Sempre se emprega o artigo para indicar os nomes das familias: Meu pai



Plantexar tampouco existe.


Carafio é carambas e non carallo


As palabras rematadas en -axe son todas femininas menos: bricolaxe, traxe, garaxe, paxe.

Todas as palabras rematadas en -ble, poden cambiar por -bel: sensible por sensibel, menos feble e cable.


Vaite, ho! (ho de home)

Oh, que sorpresa!