Amosando publicacións coa etiqueta Acentuación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Acentuación. Amosar todas as publicacións

venres, 4 de decembro de 2015

Substantivos con acentuación distinta en galego e en castelán

 a) Agudas: popurrí 

b) Graves: 
                acne 
                esexese 
                paxaro 
                ágar-ágar
                heroe 
                pelicano 
                ástur 
                lígur 
                pénsil 
                atmosfera 
                medula 
                prénsil 
                bérber 
                mísil 
                réptil 
                diocese 
                omoplata 
                támil 
                elite 
                ousia 
                xermolo 
                endoparasito 
                parasito

c) Esdrúxulas: 
                        alvéolo 
                        período 
                        olimpíada 
                        cardíaca 
                        amálgama

Acentuación dos pronomes interrogativos e exclamativos

Os pronomes interrogativos e exclamativos (cal, cando, canto, como, onde, que, quen) non se acentúan nas interrogativas e nas exclamativas directas. ¿Como te chamas? ¿Cantos anos tes? ¿Onde vives? ¿Cal é a túa profesión? 

Cando introducen interrogativas indirectas, soamente se acentúan naqueles casos en que é necesario para evitar ambigüidades. Díxolle qué quería cear

Acentuación dos adverbios rematados en -mente

 Os adverbios rematados en -mente non se acentúan por seren palabras graves rematadas en vogal. facilmente, economicamente, utilmente, rapidamente... 
Cando aparecen varios adverbios en -mente coordinados, a terminación -mente só aparece no derradeiro elemento. As demais palabras manteñen a súa acentuación. Fácil e rapidamente

Acentuación de formas verbais con pronome e cos alomorfos do artigo

 Cando unha forma verbal está acompañada dun pronome enclítico ou da segunda forma do artigo compórtase coma unha soa palabra e segue as regras de acentuación establecidas.

darán + se > daranse 
recibirá + a > recibiraa 
bebes + a > bébela 

As formas verbais que levan acento diacrítico consérvano cando van seguidas dun pronome ou do alomorfo do artigo.

é + lle > élle 
dá + me > dáme 
¿vés compralo? > ¿vélo comprar?

Acentuación de i, u en hiato

 As vogais i e u acentúanse sempre que forman hiato, isto é, cando van antes ou despois dunha vogal átona pero as dúas pertencen a sílabas distintas (cando non forman ditongo). a-índa, contribu-íu, sa-ída, mi-údo, prexu-ízo, ru-ído, tú-a...

Acentuación das palabras esdrúxulas

As palabras esdrúxulas sempre levan til. tónico, átono, véspera, síntoma, fármaco, cágado, médico, mnemotécnica, psicóloga...

Acentuación das palabras graves

 As palabras graves levan til cando rematan en consoante distinta de -n ou -s e en grupos consonánticos distintos de -ns. fácil, móbil, réptil, carácter, clímax, alférez, fórceps, bíceps... 
Non se acentúan, xa que logo, as palabras graves rematadas en vogal, vogal + n, vogal + s ou vogal + ns. fala, falan, falas, lapis, dolmen, canon, dolmens, canons...

Acentuación das palabras agudas

 As palabras agudas levan til cando 
son polisílabas e rematan en vogal, 
en vogal + n, 
en vogal + s ou en vogal + ns. mañá, aquí, café, curmán, melón, cantís, cadrís, sofás, curmáns, melóns, algúns... 

Non se acentúan cando son monosílabas (di, si, non, fe),
cando acaban en ditongo decrecente (cantei, seguiu, ademais, papeis) ou cando acaban noutra consoante que non sexa -n ou -s (papel, arroz, nariz).

Sílabas tónicas e átonas

 As sílabas das palabras da nosa lingua divídense en tónicas e átonas. A sílaba tónica sempre é unha, a que se pronuncia con máis intensidade ou maior forza de voz; as demais son sílabas átonas.
      Dependendo de onde estea colocada a sílaba tónica, as palabras divídense en agudas, graves e esdrúxulas. 
Nas palabras agudas a sílaba tónica é a derradeira (ca-fé; can-tar; ca-mi-óns); nas graves, a tonicidade recae na penúltima sílaba (can-tan-te, mó-bil).
 Nas palabras esdrúxulas a sílaba tónica é a antepenúltima (cár-ce-re; má-go-a; nés-pe-ra). 
     As regras de acentuación serven para recoñecer a sílaba tónica en todas as palabras, para o que se emprega o acento gráfico ou til (´) en casos regulamentados.





http://anl.uvigo.es/UserFiles/File/manuais/Lingua_galega._Dubidas_linguisticas.pdf