Amosando publicacións coa etiqueta Mellorar galego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mellorar galego. Amosar todas as publicacións

luns, 13 de xuño de 2016

Cómrpe saber ademais que...


Abondo: Hai cartos dabondo para financiar este proxecto / Hai cartos abondos para financiar este proxecto


Algún/s - algunha/s:

En galego, esta forma non pode aparecer tras negación. Nese caso empregaremos NINGÚN: *Escribinlle sen resultado algún > Escribinlle sen resultado ningún.
Como adxectivo só pode ir diante do substantivo. Debido a isto a frase anterior é dobremente incorrecta.

Contrae coas preposicións "de" e "en". É de interese para non cometer erros ter presente que alguén e algo non contraen con ditas preposicións.
Ousexa que, de+alguén; de+algo; en+alguén; en+algo= Dalguén, dalgo, nalguén, nalgo; NON SE PODEN CONVINAR POLO TANTO, NON EXISTE


Ningún/s - ningunha/s: Como forma adxectiva pode colocarse antes ou despois do substantivo sempre que vaia despois do verbo. No caso de que vaia antes do verbo ten que ir antes tamén do substantivo: *técnico ningún o optima.


Todos:
Pode facer construccións do tipo todos + artigo + numeral cardinal (+substantivo) ou, sempre que o numeral cardinal sexa superior a dous, todos + numeral cardinal (+substantivo): alá van todos tres / daquela foi cando saíron á solaina todas catro irmás.
Ademais se todo vai seguido do pronome persoal ou de topónimos non ten por que concordar coa palabra á que se refire: á estrada facía falla botarlle alcatrán por todo ela.


Calquera carece de flexión de xénero e número. Son polo tanto incorrectas as voces: *calquer, *calesquera, *calisquer... Tamén é incorrecta *calqueira, voz de recente creación que ten como base o actual presente de subxuntivo do verbo querer ('queira', na antigüidade era 'quera').


Máis:
A palabra "máis" (con acento) pode ser:

Adverbio de cantidade: Son máis lista cá vós
Indefinido: Os máis deles levaban gravata.
Parte dunha locución adverbial: Iso é de máis.
Adxectivo: ¿Quen é máis home aquí?


A palabra MAIS (sen acento) pode ser:

Conxunción copulativa: Ides ti a mais (e mais) el.
Conxunción adversativa: Subtitución de 'Pero': Eu fun a casa mais alí non estaba


Outro/-a/-os/-as contrae coas preposicións "de" e "en" e cos demostrativos este/-a/-es/-as, ese/-a/-es/-as e aquel/-a/-es/-as.

Ren e res poden aparecer unicamente se se dan as seguintes condicións:
a) que sexan obxecto directo,
b) que estean nun contexto negativo,
c) que estean situados tralo verbo,
d) que se empreguen co mesmo significado ca nada: Non dixo res.

Cadaquén ten o valor de 'cada persoa, cada un', empregado para toda persoa sen distinción, todo o mundo: Cada quen ten que amaña-los seus asuntos.

Quenquera só se refire a persoas co senso de 'calquera persoa'. O seu emprego é máis ben literario e de lingua culta, e case non se utiliza máis ca asociado ó relativo que: Dixo que quenquera que viñese.

Son construcións típicas galegas as que realiza tal, tales:
 a) Pois eu estiven alí e non vin tal.
 b) Pois eu sigo dicindo que si hai tal.
 c) Non ía tal, non tal.
 d) Si tal, que ben me soubo.


Como variante de ámbolos dous emprégase a miúdo ambos e dous: Agora viven ambos e dous na Coruña.


Mesmo:
Pode equivaler a "identidade": Eu mesmo llo preguntei
Pode equivaler a "igual": É o mesmo facelo ca non facelo
Pode equivaler a "xusto":Pasou mesmo por aquí.
Pode equivaler a "incluso": Viñeron todos, mesmo o teu irmán




Fonte: Wikibooks en galego

Contraccións de+en+este+ese+aquel con outro/s+outras/s

 outrooutraoutrosoutras
dedoutrodoutradoutrosdoutras
ennoutronoutranoutrosnoutras
esteestoutroestoutraestoutrosestoutras
eseesoutroesoutraesoutrosesoutras
aquelaqueloutroaqueloutraaqueloutrosaqueloutras

Contraccións de+en con algún/s+algunha/s

 algúnalgunhaalgúnsalgunhas
dedalgúndalgunhadalgúnsdalgunhas
ennalgúnnalgunhanalgúnsnalgunhas

venres, 1 de abril de 2016

Gran, grande, san, santo, pos-, post-

Sempre que a palabra que veña a continuación comece por vogal hase poñer a forma rematada en vogal, se a palabra seguinte comeza por sonsoante tense que poñer a forma rematada en consoante:
VOGAL + VOGAL
CONSOANTE + CONSOANTE


Ex:
É unha 
gran muller. Sentiu unha grande emoción 
Vou ir de romaría ao Santo Andrés. Hoxe celébrase o San Campio.



Con respecto a pos- ou post-

POS + CONSOANTE
POST + VOGAL


Ex:
Sonche xente da 
posguerra. Levou moi ben o postoperatorio




Fonte: http://www.blogoteca.com/dubidas/index.php?cod=14611

Louro, rubio e roxo

Louro (loiro non é a forma máis recomendábel):

- De cor castaña escura tirando a vermella, coma a da castaña madura

- De cor castaña moi clara ou tirando á do ouro.



Rubio existe pero é igual ca roxo (granate)


Roxo e rubio:

- [Pelo, cabelo etc.] da cor do ouro ou algo máis escura

- De cor entre o castaño tirando a vermello e o amarelo tirando a vermello.






xoves, 31 de marzo de 2016

PARA E PA`...

Escríbese "para" SEMPRE pero leese "pra".
"Pa" dixe só oralmente pero non na escrita, non se pode poñer co apóstrofe.

luns, 14 de marzo de 2016

Castelanismos que adoitamos usalos



En cor azul é a forma correcta, e a vermella é a que se usa normalmente mais non é correcta

1- Utilización incorrecta de tempos compostos co verbo "haber" no canto das formas simples galegas: Había camiñado moito, Camiñara moito.

2- A conxugación incorrecta dos verbos irregulares: andivei, andei / tuven, tiven / sabrán, saberán / obedezco, obedezo / conduxen, conducín.

3- O emprego de verbos con valor reflexivo cando reflexivo cando na nosa lingua non son reflexivos:
Sentouse no sofá, sentou no sofá 
Caeuse pola rúa, caeu pola rúa 
Casouse o sábado, casou o sábado

4- Emprego de preposición e na perífase IR+INFINITIVO:
Imos a ir o cine, imos ir ao cine 
Van a facer unha viaxe, van facer unha viaxe

5- A non utilización do artigo acompañado ao posesivo: Meu compañeiro, O meu compañeiro.

6- A confusión entre TE e CHE: Saudeiche, saudeite; dixéronte, dixéronche.


7-A colocación incorrecta dos pronomes átonos:
Me chamas cando chegues, chámasme cando chegues.
Nunca cómprache agasallos; Nunca che compra.
Dille que quérolle dicir; Dille que lle quero dicir


Exemplos de palabras "castelanizadas":
Billa, grifo
Tixola, sartén
Cana, caña
moa, muela

Castelanismo disfrazado:

Coello; conexo
Antollo; antoxo
Concellal; concexal
Parella; parexa
Baralla; baraxa
Lentella; lentexa


Agunhas palabras acabadas en -illa ou -illo, poden chegar a confundir porque semellanse ao castelán, como bocadillo (e non bocata) perilla... estas formas son correctas.

Cando hai "contraccións" e cando non

De + el = del
De + ela = dela

de + algún = dalgún
En + algún = nalgún

De e algo = de algo
En e algo = en algo

De + alguén = de alguén
En alguén = en alguén


Só hai un caso en que con e un non contraen: cando un é un pronome indefinido: traballa con un calquera; pero: traballa cun home calquera.




Este artigo foi modificado grazas a un Anónimo que me deixou o seguinte comentario:
As palabras "algo" e "alguén" non contraen coa preposición "en" nin coa preposición "de". Isto é, escríbese "de algo", "en algo", "de alguén", "en alguén".

Grazas a todos e todas que aportan para mellorar este blogue! 


Aquelar ou Aqueloutrar

*AQUELAR ou AQUELOUTRAR é un verbo que xurde do demostrativo (único caso nesta lingua, non hai outra lingua que o verbo veña dun demostrativo) e significa calquer cousa dependendo do contexto: Vou aquelar o coche.(vou arreglar o coche) / Vou aquelar á compra (vou ir de compras) .

xoves, 3 de marzo de 2016

Máis, mais, amais, e mais, a mais...


Máis 

- así con acento diacrítico, é un adverbio de cantidade. “Os vascos son máis altos ca os galegos”. 
- Máis é tamén un cuantificador indefenido, con valor comparativo: Fixo máis cartos ca Carlos.; Xa non teño máis fame.
Na secuencia o máis de/ a máis de / os máis de / as máis de, toma o valor de "a maioría de" e "a maior parte de": Pasaba o máis do tempo mirando pola ventá.; As máis das veces pedía chocolate.
- Esa mesma forma tónica fai parte do pronome identificador o máis / a máis / os máis / as máis, equivalente a "o demais, o resto": Nós viñemos con Ana. Os máis colleron o autobús.
-Máis é un substantivo que denomina o signo da adición: Pon aí un máis ben grande. Que se vexa: dous máis dous son catro.
Estes valores da conx. e (e máis) ou a prep. a (a máis): Avisa a máis amigos e máis coñecidos

Non leva acento "mais" cando é conxunción adversativa, sinónima de pero. “Eu fun ao castelo mais vós non estabades alí”.  "Pero" é un castelanismo que debe evitarse e, polo tanto, substituírse sempre por este mais.

Mais 
- Conxunción adversativa (equivale a "pero". Pero debe evitarse posto que é un castelanismo. A RAG aceptao polo gran uso da xente pero aconsellase evitalo)
- forma parte das locucións conxuntivas "e mais" e "a mais", que se empregan para resaltar a idea de que se suman elementos "e (tamén)". Por veces tamén se emprega a forma simple mais co mesmo significado: Levou consigo un sobriño e mais un afillado; Ti a mais eu sabemos de que falamos.; Acórdame que foramos eu máis Pedro na moto.

Amais 
- é un adverbio, equivalente a "ademais" forma con "de" a locución prepositiva amais de: E, amais, débolle a vida; Xan era, amais de fachendoso, un pillabán

Orde de colocación dos pronomes:

 Primeiro vai se, logo o pron. de solidariedade, logo o complemento indirecto e finalmente o complemento directo.

Colocación do pronome átono na frase


1.- En oracións subordinadas: antes do verbo
2.- Non subordinadas: despois do verbo. EXCEPTO (vai antes):
2.1.- Oracións desiderativas e enfáticas. Para salientar a palabra que precede ao verbo.
2.2.- Oracións introducidas por partícula interrogativa/exclamativa.
2.3.- Se ao verbo precede un negativo
2.4.- "     "       "    : alguén, todos, calquera....
2.5.- "     "       "    : case, ata, disque, eis, mesmo, seica, velaí, aínda, axiña, sempre, só, tamén, ben, cedo, tarde, mal, moito,talvez, quizais, .....
3.- Cos infinitivos: se o infinitivo é suxeito, predicado nominal ou aposto, o pronome vai despois. No resto dos casos pode ir antes ou despois, mesmo se pode intercalar entre o inf. e unha preposición/conxunción que o rexe.
4.- Cos xerundios: se é núcleo verbal, o pronome vai despois; no resto dos casos antes ou despois.

Valores de SE (me, te, se, nos, vos, se), pronome persoal


- Reflexivo: é complemento directo. A acción que realiza o suxeito recae sobre el mesmo. O can lámbese. Pode ser nalgún caso complemento indirecto: preguntouse a razón diso.
- Recíproco: con suxeito múltiple. A acción que realiza cada un recae sobre os demais. Antón e Helena quérense. Irea e Sara mándanse WhatsApp.
- Compoñente verbal: en verbos que esixen o pronome, forma parte do verbo. Raquel queixouse da cabeza.
- Na pasiva reflexa, impersoal. Aínda non se recolleu o millo.

Contraccións do pronome persoal


 
o
a
os
as
me
mo
ma
Mos
mas
che
cho
cha
chos
chas
lle
llo
lla
Llos
llas
nos
nolo
nola
nolos
Nolas
vos
volo
vola
volos
volas
lles
llelo
llela
llelos
llelas





mércores, 2 de marzo de 2016

Formas Átonas:



Singular
Plural
1ª persoa
me
nos
2ª persoa
te (comple. directo) 
che (comple. indirecto e solidar.)
vos
3ª persoa
o, a/lo, la/no, na (comp. directo)
lle (comp.indirecto e solidar.)
os, as/los, las/nos,nas  (com. dir.)
lles (compl. indirecto e solidar)

-Reflexivo 3ª persoa : se     Cortesía: 3ª persoa

-O -s final da 1ª de plural dos verbos pérdese ante o pron. persoal nos: perdémonos, esquecérmonos. 

-Solidariedade: che: atuando a 1. vos: atuando a varios. lle: de vostede a 1. lles: de
vostede  a varios.

Dialectoloxía (gheada, seseo, etc,)

Os dialectos só se usan ORALMENTE e non na escrita. 


Malia a grande unidade do galego falado acostuman diferenciarse tres grandes bloques dialectais baseándose nunhas poucas isoglosas (liñas que marcan unha forma diferente de dicir algo no territorio). Dentro dos bloques poden sinalarse tamén áreas máis pequenas.

1.-Bloque Oriental:
  • cais (cans), pantalois (pantalóns), ladrois (ladróns) -plural-
  • camín (camiño), paxarín (paxariño) , vecín (veciño) –iño-
  • cuatro (catro), cuando (cando), guardar (gardar) –ditongo –ua
  • baxo (baixo), caxa (caixa)
Áreas: asturiana (artigo el/l´, avolo, mulin –avó, muíño-) //ancaresa (vogais nasais) // zamorana (collí, partí –collín, partín)
2. Bloque central:
  • non seseo: luz, dez, empezar, dicir
  • -ao: mao, irmao, chao (man, irmán, chan) –sufixo-
  • cas (cans), leós (leóns) ladrós (ladróns), calcetís (calcetíns) –plural-
  • algunha gheada
Áreas: mindoniense: cimo (grelo), golpe (raposo). lucu-auriense: come (cume), bibe (bebe)
3. Bloque occidental:
  • gheada: logho (logo), amigha (amiga), Lugho (Lugo)
  • seseo total: disir (dicir), cosiña (cociña), des (dez). Seseo só final de sílaba: lus (luz) mais facer
  • man, irmán, castelán, chan –sufixo-
  • uns, algúns, leóns, calcetíns –plural-
Áreas: fisterrá: cheísmo (só che pronome) // pontevedresa // Baixo Miño (teísmo)


Paso unha ligazón onde poderás escoitar os dialectos anteriores según zona. Os texos están escritos como se di pero lembra que só se usan ORALMENTE 
http://consellodacultura.gal/arquivos/asg/anosafala.php

Análise das cláusulas/Oracións/Proposicións



0.- Modalidades: aseverativas, interrogativas, imperativas, desiderativas, exclamativas.
1.- Xustapostas: non hai nexo (pausa, coma)
2.- Coordinadas
  • copulativas (e, mais, nin)
  • adversativas (mais, pero, porén...)                               
  • disxuntivas (ou, ben...)
  • distributivas (ben... ben, xa... xa, ...)
  • explicativas (é dicir, ou sexa...)
3.- Subordinadas
  • substantivas (función de CD, CI, SUX, SUP, PRED, AT) (que, se)
  • adxectivas (nexo relativo: que, cal...)
  • adverbiais:
1.- Función de CC:
  • tempo (cando, antes de que, asemade, despois de que, mentres...)
  • lugar (onde)
  • modo (como, segundo, consonte...)
  • cantidade (canto)
2.- Función non CC:
  • comparativa (ca, que, coma, como)
  • causal (porque, dado que, posto que, xa que ...)
  • condicional (se, con tal que ...)
  • consecutiva (conque, de maneira que, de xeito que... )
  • concesiva (aínda que, a pesar de que ...)
  • final (para que, a fin de que ...)

Análise Sintáctica


****A frase (sintagma): núcleo e adxacentes (determinante, modificador)
-fn frase nominal: núcleo un substantivo ou pronome
-fv frase verbal: núcleo un verbo
-fadx frase adxectiva: núcleo un adxectivo
-fadv frase adverbial: núcleo un adverbio
-fprep frase preposicional: o 1º elemento é o relator –enlace- (preposición) seguido do termo (outra frase)



*** Consellos para analizar os elementos dunha cláusula/proposición/oración: suxeito, núcleo do predicado, complemento directo, suplemento, complemento indirecto, complemento circunstancial, complemento predicativo, axente da pasiva, pronome de solidariedade, pronome de interese.
1.- Procuramos o suxeito, (quen? realiza a acción verbal) que ha de concordar co verbo. En moitos casos estará oculto (elidido) e hai verbos impersoais.  O sol sae por alí. Chove moito
2.- Procuramos o verbo (núcleo do predicado)
2.1.- Se é un verbo copulativo (ser, estar, parecer, semellar), procuramos o atributo: Helena está cansa
2.2.- O verbo é predicativo (resto dos verbos)
2.2.1.-Se o verbo é transitivo ha de levar complemento directo (que?). Se temos dúbidas de cal é o complemento directo podemos volver a frase a pasiva e o complemento directo resultará suxeito. Exemplo:onte vinte na rúa = onte ti fuches visto por min na rúa. En moitos casos o complemento directo é un pronome persoal.
2.2.2.- Se observamos que o verbo pide (nese significado) un sintagma preposicional teremos un suplemento: o can bebía no leite
2.2.3.- Procuramos o complemento indirecto (a quen? para quen?) nos verbos intransitivos (non é obrigatorio) e tamén o podemos atopar nos transitivos acompañando o complemento directo. En moitas oracións atoparemos un complemento indirecto duplicado, un pronome átono e outro sintagma: deilles o mando aos meus pais.
2.2.4.- O verbo é predicativo mais encontramos un adxectivo ou similar nunha función semellante ao atributo dos verbos copulativos..., estamos diante dun complemento predicativo (que podemos confundir cun complemento circunstancial de modo): María quedou parada alí.
2.3.- Procuramos o complemento circunstancial (cando? onde? como? canto?; adverbios, sintagmas preposicionais...): tempo, lugar, modo, cantidade...
2.4.- Se nos quedan pronomes persoais átonos que non son complemento directo nin indirecto, poderán ser de solidariedade ou interese (propios da lingua falada). O pícaro non che me come nada estes días
2.5.- Se a oración está en pasiva (ser+participio), podemos encontrar o axente de pasiva (encabezado pola preposición por): Antón foi educado polos avós

Adverbio


É un vocábulo invariable que modifica o verbo (chegou tarde), o adxectivo (está ben cocido), un adverbio (viña moi lonxe) ou unha oración.
1.- Adverbios situacionais de lugar. onde? ulo, a, os, as?
aquí   aí   alí   :repouso, estado
acó    ..   aló   :movemento
acá    ..   alá   :repouso e movemento
acolá: usado moito como 2º termo dunha oposición
dentro / fóra       arredor    // cerca-preto / lonxe
arriba-enriba-derriba-encima / abaixo-embaixo-debaixo
adiante-diante-/ atrás-detrás   en fronte //velaí, velaquí           
algures    ningures     xalundes      
Algunhas locucións adverbiais: a carón, ao pé, á beira, a rente(s), á dereita, á esquerda, a desmán, a contramán..
2.- Adverbios situacionais de tempo. Cando?
antano, hogano      sempre, decote      asemade
antonte/trasantonte (antes de antonte), onte, hoxe, mañá, pasadomañá
antes, noutrora, agora-arestora, despois, outrora
aínda, xa    mentres       nunca, xamais (endexamais)       xacando
antes, entón, logo, daquela, axiña   cedo/tarde
arreo, pronto, seguido, sempre
Algunhas locucións adverbiais: de contado, de camiño, a deshora, ás veces, aos poucos, a cotío, a miúdo, á tardiña, de cando en vez, hoxe en día.
3.- Adverbios nocionais de modo. Como?
-Adxectivos: alto, baixo, doado, só...
-Adxectivos co sufixo -mente: comodamente, facilmente, soamente.
-así, ben, mellor, como, gratis, mal, peor, engorde, paseniño, case, adrede...
Algunhas locucións adverbiais: á/de presa, de vagar, a modo, a escape, ás carreiras, a eito, a feito, ao chou, ás toas, a treu, de balde, de socato,a mantenta, a tergo, ...
4.- Adverbios nocionais de cantidade e precisión. Canto?
abondo, algo, bastante, ben, canto, case, dabondo, demasiado, máis, menos, moito/moi, nada, pouco, só, tanto, xusto.
Algunhas locucións: a mares, ás mancheas, a encher, a esgalla...
5.- Negación-afirmación-dúbida.
Compórtanse sintacticamente de xeito diferente ao adverbio. Son as tres formas de presentar unha oración canto ao xuízo nela emitido: negativo (termo marcado), positivo ou incerto.
5.1.- Negación
5.1.1. Total: colócase non entre suxeito e verbo: ti non vas
-non si? = non? non é?      tampouco      ca! (categórico)
-Expletivo (non nega): mira, se non é parvo..
-nin.. nin..: coordinación negativa
5.1.2.- Parcial: un suxeito ou complemento negativo, non toda a oración.
nada, ninguén, ningún, nunca, xamais.
5.2.- Afirmación. Se non hai marca negativa, calquera enunciado é de por si afirmativo (termo non marcado).
Nas respostas ha de repetirse o verbo: chegaches cedo? - Cheguei.
Reforzos da afirmación: si, si que, abofé, de seguro, claro, así é, así mesmo, con certeza, de certo, tamén, efectivamente, certamente, xaora....
5.3.- Dúbida. Vale para a afirmación e para a negación.
acaso, quizá-quizais-quizabes, ao mellor, talvez, se cadra, se callar, seica, disque, igual

Numeral


1.- Cardinais.
Cero, un/unha, dous/dúas, tres, catro, cinco, seis, sete, oito, nove, dez, once, doce, trece, catorce, quince, dezaseis, dezasete, dezaoito, dezanove, vinte, vinte e un/vinte e unha, vinte e dous/vinte e dúas, trinta, trinta e un, trinta e unha, corenta, cincuenta, sesenta, setenta, oitenta, noventa, cen, cento un, cento unha, douscentos/duascentas, trescentos/as, catrocentos/as, cincocentos/as ou quiñentos/as, seiscentos/as, setecentos/as, oitocentos/as, novecentos/as, mil.
Cento, millón, billón, trillón, ducia, decena, centena, funcionan como substantivos.
2.- Ordinais.
Primeiro, segundo, terceiro, cuarto, quinto, sexto, sétimo, oitavo, noveno, décimo, undécimo ou décimo primeiro, duodécimo ou décimo segundo, décimo terceiro, vixésimo, trixésimo, cuadraxésimo, quincuaxésimo, sesaxésimo, septuaxésimo, octoxésimo, nonaxésimo, centésimo, milésimo, millonésimo.
3.- Multiplicativos.
Dobre (duplo/a), triplo/a, cuádruplo/a (cuádruplo/a), quíntuplo/a, séxtuplo/a.
4.- Partitivos.
Medio/a, terzo/a, cuarto/a, quinto/a, sexto/a, sétimo/a, oitavo/a, noveno/a, décimo/a, onceavo/a, doceavo/a, centésimo/a, milésimo/a, millonésimo/a.
Metade é un substantivo.