Amosando publicacións coa etiqueta Pronome Persoal b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pronome Persoal b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 3 de marzo de 2016
Orde de colocación dos pronomes:
Primeiro vai se, logo o pron. de solidariedade, logo o complemento indirecto e finalmente o complemento directo.
Colocación do pronome átono na frase
1.- En oracións subordinadas: antes do verbo
2.- Non subordinadas: despois do verbo. EXCEPTO (vai antes):
2.1.- Oracións desiderativas e enfáticas. Para salientar a palabra que precede ao verbo.
2.2.- Oracións introducidas por partícula interrogativa/exclamativa.
2.3.- Se ao verbo precede un negativo
2.4.- " " " : alguén, todos, calquera....
2.5.- " " " : case, ata, disque, eis, mesmo, seica, velaí, aínda, axiña, sempre, só, tamén, ben, cedo, tarde, mal, moito,talvez, quizais, .....
3.- Cos infinitivos: se o infinitivo é suxeito, predicado nominal ou aposto, o pronome vai despois. No resto dos casos pode ir antes ou despois, mesmo se pode intercalar entre o inf. e unha preposición/conxunción que o rexe.
4.- Cos xerundios: se é núcleo verbal, o pronome vai despois; no resto dos casos antes ou despois.
Valores de SE (me, te, se, nos, vos, se), pronome persoal
- Reflexivo: é complemento directo. A acción que realiza o suxeito recae sobre el mesmo. O can lámbese. Pode ser nalgún caso complemento indirecto: preguntouse a razón diso.
- Recíproco: con suxeito múltiple. A acción que realiza cada un recae sobre os demais. Antón e Helena quérense. Irea e Sara mándanse WhatsApp.
- Compoñente verbal: en verbos que esixen o pronome, forma parte do verbo. Raquel queixouse da cabeza.
- Na pasiva reflexa, impersoal. Aínda non se recolleu o millo.
Contraccións do pronome persoal
o
|
a
|
os
|
as
| |
me
|
mo
|
ma
|
Mos
|
mas
|
che
|
cho
|
cha
|
chos
|
chas
|
lle
|
llo
|
lla
|
Llos
|
llas
|
nos
|
nolo
|
nola
|
nolos
|
Nolas
|
vos
|
volo
|
vola
|
volos
|
volas
|
lles
|
llelo
|
llela
|
llelos
|
llelas
|
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)