- Sempre se refiren a segunda persona de singular,
- TE fai de Obxecto Directo (O.D) e
- CHE fai de Obxecto Indirecto (O.I)
- Non pode haber dous O.D nin dous O.I nunha mesma oración.
- Nunca se comeza a frase cun pronome
- Nas oracións subordinadas que leven o pronome "que, che" vai antes do verbo: Dixenche que chamaras para que che reservasen o sitio. / Trouxen o can que me regalaches / Chamoute? Dixome Laura. (e non "
Me dixo Laura)
TRUCOS para saber cando poñer TE ou CHE
- Se a frase ten sentido o cambiala de persoa é CHE :- Saíuche mal o exame / Saíulle mal o exame (Saíuche á saíulle).- Vinte na TV / Vinlle na TV. Esta última, ao transformala non ten sentido, teríao se tivera algo que enlace ao te.
- Non obstante, se o cambiamos por o/a/os/as e ten sentido é te:- Vinos na TV: Vina na TV, Vino na TV, Vinas na TV, Vinos na TV. Todas estas teñen sentido polo tanto "Vinos na TV", pódese transformar por TE
*CHE: O.I e cambiámolo por "lle"
*TE: O.D e cambiámolo por o/a/os/as
- O pronome normalmente vai detrás do verbo pero hai excepcións como cando as frases son negativas e frases interrogativas e exlamativas: Non te chamei/ Cando te chamei?
A continuación, dous breves vídeos para saber máis do TE/CHE:
O CHEÍSMO: http://www.youtube.com/watch?v=VtCDL70p2bo (3:08)
O TEÍSMO: http://www.youtube.com/watch?v=96WFWBPr8ws (3:15)
Máis exemplos:
Fun á praza, pero non che dixen nada.
Non che envexo o traballo que tes.
Quen che dixo iso?
Vouche mercar uns zapatos.
Vinche a cara e non me gustou nada.
Vinte pola rúa e non te coñecín.
Se te ergues cedo, levareite á praia.
Lémbrate do que dixen.
O gato rabuñoute no brazo.
Dixo que non te puxeses onda ela.
Díxenche todo o que sabía.
Gústache as mazás.
Mañá escribireiche unha carta e contareiche todas as novidades.
Comprareiche uns zapatos a semana que vén.
A túa muller chimpouche roupa pola ventá.
Chameite pero non estabas na casa.
Andeiche a ver o que tiñas na leira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo comentario!
Cada opinión e crítica axúdanme a elaborar mellor este blogue :)