mércores, 21 de xaneiro de 2015

Xénero: másculinos e femininos

Son SUBSTANTIVOS MASCULINOS:

  • As letras, os números, os mares, os ríos, os cabos, os océanos, e os puntos cardinais: o be, o dous, o Miño, o norte, o Pacífico.
  • Os terminados en -i: o convoi, o pai, o penalti. Excpto: a nai.
  • Os acabados en -o: o paso, o bolso, o sorriso... Excepto: a dínamo, a foto, a libido, a moto, a radio, a tribo.
  • Os finalizados en -u: o bambú, o chapeu, o grou, o pau, o xampú...
  • Os que rematan en -me: o arame, o crime, o acedume, o costume, o cume, o friame, o legume... Excepto: a fame, a derme, a mansedume, a servidume, a síndrome.
  • Os que a caban en -t, -g, -f, -k, -h: o anorak, o complot, o flash, o gong, o test...
  • Son tamén masculinos: o berce, o cal(ócido de calcio), o cárcere, o couce, o cuspe, o lavalouza, o leite, o masacre, o mar, o mel, o nariz, o prebe, o sal, o sangue, o sinal, o térmite, o til, o ubre, o xiz.


Son SUBSTANTIVOS  FEMININOS:

  • As árbores froiteras e os seus frotos: a cerdeira/a careixa, a laranxeira/ a laranxa, a maceira/ a mazá. Exclúense a figueira/ o figo e algunhas froitas masculinas que poden ter o froito masculino ou femenino: a nogueira/ a noz, o castiñeiro/ a castaña, o limoeiro/ o limón, o pexegueiro/ o pexego.
  • Os acabados en -a: a alma, a auga, a arma, a aula, a natureza, a pantasma, a reuma... Excepcións: os antípodas, o champaña, o clima, odiadema, o día, o fantasma, o mapa, o pixama, o planeta, o plasma, o prisma, o poema, o problema...
  • Os finalizados en -ade: a idade, a entidade, a facultade, a liberdade. Excepción: o trade, o frade.
  • Os terminados en -axe: a  dobraxe, a linguaxe, a viaxe, a paisaxe... Excepción: o garaxe, o paxe, o traxe, o bricolaxe, o/a personaxe.
  • Os acabados en -ite: a artite, a conxunvite, a gastroenterite, a otite... Excepcións: o desquite, o convite, o envite.
  • Os cultismos rematados en -se: a nálise, a crise, a dose, a hipótese, a tese, a clase, a eclipse, a énfase, a parálise, a paréntese... Excepcións: o envase, o éxtase, o interese.
  • Son tamén femininos a acne, a árbore, a armazón, a arte, a augardente, a ave, a avestruz, a bile, a cal (canle), a calor, a canle, a cor, a culler, a cute, a dor, a epígrafe, a feluxe, a ferruxe, a fin (final, fin de semana), a fraude, a fronte, a marxe, a orde, a orixe, a peluche, a ponte, a pube, a sentinela, a sebe, a síndrome, a suor, a viruxe...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo comentario!

Cada opinión e crítica axúdanme a elaborar mellor este blogue :)