martes, 24 de novembro de 2015

60 fermosas palabras galegas que deberíamos empregar a diario (artigo La Región)

.Enxebre, Lareira, Lar: Calidade de vida. 
.Lembranza, Morriña, Saudade: Certo, os galegos temos o noso temperamento. Pero tamén posuímos verbas como CóxegaBrincadeiraAloumiñoLarpeiradaAgarimo,Ledicia, Foliada ou Esmorga (un must). 
.Riquiño/a: Un adxetivo marabilloso e ademáis cun potencial enorme de exportación. 
.Carallo: INSUPERABLE.  
.Garatuxeiro: Que gaba ós demais en exceso. Loamiñeiro. Un dos tantos insultos galegos imprescindibles, como Pailán o Trapalleiro
.Petisco Os nosos pintxos molan moito. 
.Berce, Axóuxere, Boneco: Se o galego xa é un idioma agarimoso, que agardar das verbas referidas aos Cativos
.Meigallo: O traballo dunha Meiga. Un Feitizo en plan mal. 
.Rabudo: Outra das nosas palabras TOP. 
.Amizar: Cando está a rematar a choiva. A podemos incluir nesas 70 verbas que temos para designar a choiva e tódolas as súas variantes. Outros fenómenos que pasan no ceo e nos encantan poden ser LuarLóstrego, Treboada ou Brétema
.Luscofusco:  Ese momento xusto do solpor no que aínda queda luz solar. Unha desas expresións que non teñen traducción exacta noutro idioma.
.Golfiño, Ollomol, Curuxa, Xoaniña, Anduriña, Bolboreta, Besbello, Avelaíña, Paporrubio, Vagalume: A Bioloxía en galego é máis fermosa. Como mellorar verbas como RuliñaParrulo ou Galopín
.Caluga, Pulso, Colo, Cóbados: A anatomía no noso idioma cobra outra dimensión. 
.Luvas:  A podemos incluir no vocabulario futbolero, con outras palabras comaGardamallas ou Asubío). 
.Acivro: Unha das miñas favoritas. Tampouco están mal ToxoFolerpa ou Fervenza)
.Bico e Bágoa: (Haberá outro idioma no que soen mellor estas dúas palabras?)
Información sacada da seguinte ligazón (La Región) http://www.laregion.es/articulo/virales/60-palabras-galegas-tan-fermosas-deberiamos-empregar-diario/20151119204638582852.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo comentario!

Cada opinión e crítica axúdanme a elaborar mellor este blogue :)