Cando unha forma verbal está acompañada dun pronome enclítico ou
da segunda forma do artigo compórtase coma unha soa palabra e segue
as regras de acentuación establecidas.
darán + se > daranse
recibirá + a > recibiraa
bebes + a > bébela
As formas verbais que levan acento diacrítico consérvano cando van
seguidas dun pronome ou do alomorfo do artigo.
é + lle > élle
dá + me > dáme
¿vés compralo? > ¿vélo comprar?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo comentario!
Cada opinión e crítica axúdanme a elaborar mellor este blogue :)