Os dialectos só se usan ORALMENTE e non na escrita.
Malia a grande unidade do galego falado acostuman diferenciarse tres grandes bloques dialectais baseándose nunhas poucas isoglosas (liñas que marcan unha forma diferente de dicir algo no territorio). Dentro dos bloques poden sinalarse tamén áreas máis pequenas.
1.-Bloque Oriental:
- cais (cans), pantalois (pantalóns), ladrois (ladróns) -plural-
- camín (camiño), paxarín (paxariño) , vecín (veciño) –iño-
- cuatro (catro), cuando (cando), guardar (gardar) –ditongo –ua
- baxo (baixo), caxa (caixa)
Áreas: asturiana (artigo el/l´, avolo, mulin –avó, muíño-) //ancaresa (vogais nasais) // zamorana (collí, partí –collín, partín)
2. Bloque central:
- non seseo: luz, dez, empezar, dicir
- -ao: mao, irmao, chao (man, irmán, chan) –sufixo-
- cas (cans), leós (leóns) ladrós (ladróns), calcetís (calcetíns) –plural-
- algunha gheada
Áreas: mindoniense: cimo (grelo), golpe (raposo). lucu-auriense: come (cume), bibe (bebe)
3. Bloque occidental:
- gheada: logho (logo), amigha (amiga), Lugho (Lugo)
- seseo total: disir (dicir), cosiña (cociña), des (dez). Seseo só final de sílaba: lus (luz) mais facer
- man, irmán, castelán, chan –sufixo-
- uns, algúns, leóns, calcetíns –plural-
Áreas: fisterrá: cheísmo (só che pronome) // pontevedresa // Baixo Miño (teísmo)
Paso unha ligazón onde poderás escoitar os dialectos anteriores según zona. Os texos están escritos como se di pero lembra que só se usan ORALMENTE
http://consellodacultura.gal/arquivos/asg/anosafala.php
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo comentario!
Cada opinión e crítica axúdanme a elaborar mellor este blogue :)