Máis
- así con acento diacrítico, é un adverbio de cantidade. “Os vascos son máis altos ca os galegos”.
Non leva acento "mais" cando é conxunción adversativa, sinónima de pero. “Eu fun ao castelo mais vós non estabades alí”. "Pero" é un castelanismo que debe evitarse e, polo tanto, substituírse sempre por este mais.
Mais
- Máis é tamén un cuantificador indefenido, con valor comparativo: Fixo máis cartos ca Carlos.; Xa non teño máis fame.
Na secuencia o máis de/ a máis de / os máis de / as máis de, toma o valor de "a maioría de" e "a maior parte de": Pasaba o máis do tempo mirando pola ventá.; As máis das veces pedía chocolate.
- Esa mesma forma tónica fai parte do pronome identificador o máis / a máis / os máis / as máis, equivalente a "o demais, o resto": Nós viñemos con Ana. Os máis colleron o autobús.
-Máis é un substantivo que denomina o signo da adición: Pon aí un máis ben grande. Que se vexa: dous máis dous son catro.
Estes valores da conx. e (e máis) ou a prep. a (a máis): Avisa a máis amigos e máis coñecidos
Non leva acento "mais" cando é conxunción adversativa, sinónima de pero. “Eu fun ao castelo mais vós non estabades alí”. "Pero" é un castelanismo que debe evitarse e, polo tanto, substituírse sempre por este mais.
Mais
- Conxunción adversativa (equivale a "pero". Pero debe evitarse posto que é un castelanismo. A RAG aceptao polo gran uso da xente pero aconsellase evitalo)
- forma parte das locucións conxuntivas "e mais" e "a mais", que se empregan para resaltar a idea de que se suman elementos "e (tamén)". Por veces tamén se emprega a forma simple mais co mesmo significado: Levou consigo un sobriño e mais un afillado; Ti a mais eu sabemos de que falamos.; Acórdame que foramos eu máis Pedro na moto.
Amais
- é un adverbio, equivalente a "ademais" forma con "de" a locución prepositiva amais de: E, amais, débolle a vida; Xan era, amais de fachendoso, un pillabán
Totalmente de acordo en que "pero" é un castelanismo, aínda que a RAG non é inocente. Cando se aprobaron as normas chamadas "oficiais" do idioma galego, a principios dos 80 do século XX houbo quen non quería dar por bo esa forma castelanizada de nexo adversativo e aínda así deuse por bo.
ResponderEliminarResulta curioso porque ata os anos 60 ou 70 sempre se dicía MAIS por parte da xente que falaba normalmente en galego. Por tanto, a introducción do castellanismo "pero" é enormemente recente e o que non se comprende é que non se acepte outro castelanismo, como é "Dios", que é muito máis antigo na lingua que "pero", posto que "Dios" data dos séculos escuros (XVI, XVII e XVIII) mentres se acepta alegremente "pero", que historicamente falando é de hai un minuto. Ningún dos dous debe aceptarse, por suposto, mais eu teño curiosidade por saber cal é a razón profunda pola que "pero" está aceptado, o cal á súa vez fai que se consolide e se empregue como se fose o máis natural en galego.
Penso que se está a esnaquizar o galego incluso por parte dos oficialmente máis galeguistas, con poucas excepcións.
Grazas por comentar!!
EliminarAntes de nada quero dicir que eu non son filóloga e tampouco teño uns amplios coñecementos sobre a lingua galega (que máis quixera). Eu só intento divulgar información do máis sinxela posíbel que recollo nos libros, páxinas webs e outros apuntamentos de gran utilidade; para chegar a todo tipo de público. Polo que eu non sabería responder o motivo do cal se acepta o "pero" e non outros castelanismos.
Ao meu parecer supoño que ao advertir de que é máis recomendábel "mais" que "pero", o que intentan é normalizar algunhas palabras pero a base de concienciación; é dicir, cando se cambiou a normativa no 2003, o cambio foi bastante brusco, entón quererían ir adaptando aos novos tempos o galego para que a xente non se lles foxe tan difícil á hora de aplicalo. Que o lograsen ou non, iso xa é outro debate. Pero insisto, é unha opinión persoal e NON ESTÁ CONFIRMADA.
Grazas por comentar!!
EliminarQuixera recalcar que eu non son filóloga nin teño amplios coñecementos galegos (que máis quixera eu) mais si estou interesada na súa divulgación.
Na miña opinión, penso que sería por motivos da integración da nova normativa saída do 2003 que, coma ben sabemos, foi bastante radical e bastante polémica, aínda ao día de hoxe, as modificacións das novas regras lingüísticas. "Pero" é moi común e para que non nos sexa tan dificil adaptarnos a nova normatica, pois recalcan que non sería a forma correcta pero si está aceptada. Mais a verdade, non o sei. En apuntamento interesante, a verdade.