mércores, 2 de marzo de 2016

PERÍFRASES VERBAIS/COMPLEXOS VERBAIS/FORMAS PERIFRÁSTICAS


 Verbo auxiliar +(partícula)Verbo auxiliado
en forma persoalen forma impersoal: infinitivo/xerundio/participio
perdeu o significado propioconserva o significado propio
achega: persoa, tempo, aspecto... 
A perífrase compórtase como unha unidade formal e non como dous verbos (vou saír agora. Preguntamos cando vas saír? non cando vas?)
PRINCIPAIS PERÍFRASES
1.- Temporaisfuturidade, inmediatez.
*IR + INFINITIVO: movemento, futuro. Vai chover hoxe. Vou ir de vacacións este Nadal
*HABER (DE) + INFINITIVO: futuro. Han de chegar .
*ESTAR A/PARA + INFINITIVO: futuro inmediato. Olla, está para chover.
*ANDAR PARA + INFINITIVO: futuro inmediato. María anda para ter un neno.
2.- Modaisobriga ou hipótese/probabilidade.
*HABER (DE) + INFINITIVO: hipótese. Ha (de) andar por oitenta pesos.
En pretérito : acción a piques de se realizar(ou imperfectiva). Tropezou e houbo caer.
*HABER QUE + INFINITIVO: obriga. Hai que ser educados e saber comportarse.
*TER QUE/DE + INFINITIVO: obriga. Síntoo, mais teñen que marchar axiña.
*DEBER (DE) + INFINITIVO: obriga ou hipótese. Para aprobaren deben tirar un 5. Aquí debe vivir un gaiteiro.
*PODER + INFINITIVO: hipótese. Podo facer un exame sorpresa en calquera momento.
3.- Aspectuais(os tempos non expresan o aspecto):
a) Imperfectivas: acción na súa duración, desenvolvéndose.
*ESTAR + XERUNDIO (=A+INF). Está a chover. Estaba cantando.
*ANDAR + XERUNDIO (=A+INF): movemento continuado, prolongado. Anda a preparar oposicións.
*LEVAR + XERUNDIO (=A+INF): incide sobre o inicio. Leva chovendo un mes.
*SEGUIR + XERUNDIO (=A+INF): continúa un proceso anterior. O Teucro segue a xogar ben.
*IR + XERUNDIO: progresivo. A cousa vai indo a mellor.
*VIR + XERUNDIO: segue o anterior. E ti de quen vés sendo?
b) Perfectivas: acción acabada, proceso concluído.
*ACABAR DE + INFINITIVO. Cando acabedes de charlar, poñédevos a estudar.
*VIR DE + INFINITIVO: Fin dun movemento. Veñen de cantar en París.
*DEIXAR DE + INFINITIVO. Cando deixe de chover, sairemos dar unha volta.
*DAR + PARTICIPIO en interrogativas e negativas: non se consegue rematar o proceso iniciado. Eu non dou chapado todo ese librote. ¿Deches sabido onde vive?
*LEVAR + PARTICIPIO: matiz reiterativo. Eu lévovos sufrido moito nesta vida, meus fillos.
*TER + PARTICIPIO: matiz reiterativo: non substitúe perfectamente o pretérito perfecto castelán. Xa che teño dito que non quero probar o tabaco.
Tamén se poden considerar terminativas (fin dun proceso):
*CHEGAR A + INFINITIVO. Nunca chegou a se saber quen foran os asasinos.
*ACABAR POR + INFINITIVOOs criminais acabaron por se entregar.
*VIR A + INFINITIVOE así foi como veu a saberse quen fora o autor da trasnada.
c) Reiterativas: acción que se repite.
*VOLVER (A) + INFINITIVO. Se volves (a) tusir, estragarás o concerto.
*TORNAR (A) + INFINITIVO. Foi recompensado por tornar (a) facer saídas difíciles.
d) Incoativas: proceso no seu inicio.
*BOTARSE A + INFINITIVO. Cando se botou a chover, fuximos a fume de carozo.
*POÑERSE/PÓRSE A + INFI. Púxose a cantar unha pandeirada no medio do paraninfo.
*ROMPER A + INFINITIVO. Ponlle un dente de allo cando rompa a ferver.
*DAR EN + INFINITIVO. Era marabilloso, ata que deu en pincharse.
*EMPEZAR A + INFINITIVO. Tápalle a boca, xa empeza a berrar.
*COMEZAR A + INFINITIVO. Xa comezo a aborrecerme con tanta perífrase.
4) Pasivas:
*SER + PARTICIPIO. Por fin, xa foron explicadas as máis importantes, que non todas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo comentario!

Cada opinión e crítica axúdanme a elaborar mellor este blogue :)