MALIA
- A forma malia (bilílaba, grave) é unha preposición de valor concesivo ("a pesar de"). Como tal, pode introducir frases ou oracións con verbo a modo temporal:
Eu cumprín coa miña encomenda, malia as dificultades.
O caso é que, malia emigraren todos, non conseguiron saír de pobres.
Ante oracións con verbo modotemporal precisa o incremento de que, dando lugar á locución conxuntiva malia que (a pesar de que, aínda que):
Mellor non se atopa malia que se procure.
- Malia é tamen unha interxección co significado de "mal haxa!" (antónimo de benia "ben haxa!":
Dáme carraxe oír esas calumnias. Malia quen dá lugar a elas!
Malia, con calquera valor, non precisa da prep. a:
Malia o demo dos meigallos! (non *malia ao demo).
Todos o esqueceron, malia ti (non *malia a ti).
MADÍA
- A forma madía (trisílaba, grave) é un substantivo feminino (tacha, defecto, motivo de preocupación). Emprégase con frecuencia na expresión non ter madía:
Ai ho, a cousa non ten madía (non hai por que preocuparse)
- Úsase adoito en expresións como Madía leva! ou Madía ten! para indicar acordo e que hai razóns para que o dito sexa así e non poida ser doutro xeito ("Xa o creo", "Ten boa sorte", "E como non?"):
Querían comer de balde..., madía leva! (xa o creo, ¿como non ían querer?).
¡Oh que raposaza! A ladroa das miñas pitas, madía levas a estar gorda, traidora! ("agora quexo que hai razóns para")
Tes boas leitugas, Andrea. / - Madía ten ("non teñen dúbida")
En escritos doutras épocas pode aparecer grafada como madía, interpretada como bisílaba grave, porque en sintagmas como Madía leva! só hai un acento de intensidade, que vai no verbo. A forma estándar é madía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo comentario!
Cada opinión e crítica axúdanme a elaborar mellor este blogue :)