xoves, 3 de decembro de 2015

O acento diacrítico

O acento diacrítico úsase para diferenciar palabras que se escriben igual pero que se diferencian na pronuncia, ben porque unha ten a vogal tónica aberta e a outra tena pechada (fóra / fora), ben porque unha é tónica e outra átona (dás /das). Outros casos: á (a + a artigo; ‘ala’) a (artigo; pronome; prep.) ás (a + as artigo; ‘alas’) as (artigo, pronome) 

bóla (‘esfera’) bola (‘peza de pan’) 
cá (conx. ca + a artigo) ca (conxunción)
cás (conx. ca + as artigo) cas (prep.) 
chá (‘plana’) cha (che + a) 
chás (‘planas’) chas (che + as)
có (ca + o ) co (con + o) 
cós (ca + os) cos (con + os)
cómpre (‘é mester’) compre (‘merque’) 
cómpren (‘son mester’) compren (‘merquen’) 
dá (presente e imperat. de dar) da (de + a) 
dás (presente de dar) das (de + as) 
dó (‘compaixón’) do (de + o)
é (verbo ser) e (conxunción)
fóra (adverbio) fora (verbo ser e ir) 
má (‘ruín’) ma (me + a) 
más (‘ruíns’) mas (me + as) 
máis (adverbio e pronome) mais (conxunción) 
nó (substantivo) no (en + o) 
nós (pronome tónico; pl. de nó) nos (pronome átono; en + os) 
ó (a + o) o (artigo; pronome)
ós (a + os) os (artigo; pronome) 
óso (do corpo) oso (animal)
pé (parte do corpo)pe (letra) 
póla (‘rama’) pola (‘galiña’; por + a) 
pór (‘poñer’) por (preposición)
présa (‘apuro’) presa (‘prendida’; ‘presada’)
sé (‘sede eclesiástica’; imp. de ser) se (conxunción, pronome)
só (adverbio e adxectivo) so (preposición) 
té (‘infusión’) te (pronome, letra) 
vén (presente de vir) ven (presente de ver; imper. de vir) 
vés (presente de vir) ves (presente de ver)
vós (pronome tónico) vos (pronome átono)


Información sacada na seguinte ligazón: http://anl.uvigo.es/UserFiles/File/manuais/Lingua_galega._Dubidas_linguisticas.pdf

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo comentario!

Cada opinión e crítica axúdanme a elaborar mellor este blogue :)