As sílabas das palabras da nosa lingua divídense en tónicas e átonas.
A sílaba tónica sempre é unha, a que se pronuncia con máis intensidade
ou maior forza de voz; as demais son sílabas átonas.
Dependendo de onde estea colocada a sílaba tónica, as palabras
divídense en agudas, graves e esdrúxulas.
Nas palabras agudas a sílaba
tónica é a derradeira (ca-fé; can-tar; ca-mi-óns); nas graves, a tonicidade
recae na penúltima sílaba (can-tan-te, mó-bil).
Nas palabras
esdrúxulas a sílaba tónica é a antepenúltima (cár-ce-re; má-go-a;
nés-pe-ra).
As regras de acentuación serven para recoñecer a sílaba tónica en
todas as palabras, para o que se emprega o acento gráfico ou til (´) en
casos regulamentados.
http://anl.uvigo.es/UserFiles/File/manuais/Lingua_galega._Dubidas_linguisticas.pdf
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo comentario!
Cada opinión e crítica axúdanme a elaborar mellor este blogue :)