Boas!! Son Jenny, unha rapaza da Costa da Morte.
Namorada de Galiza e a súa cultura, decidín facer un par de blogues: "Outra maneira de ver Galiza" (https://outramaneiradevergaliza.wordpress.com/) que foi elexido na Bitácora de "Que Pasa na Costa" e "Mellora e aprende a lingua galega" este último é o que estades vendo agora mesmo :)
Quixera dicir antes de nada que NON SON FILÓLOGA e polo tanto non garantizo que non haxa erros nas miñas publicacións mais, non é esa a miña intención en absoluto.
Este blogue está feito con moito agarimo intentando divulgar a aprendizaxe da miña lingua materna dunha forma sinxela.
Consciente de que o galego trae dores de cabeza a máis de un/ha, intento que cada artigo sexa o máis levadeiro posible.
A información que comparto búscoa nos apuntamentos cando fixera o Celga 4, en libros de texto, páxinas webs e outros blogues. No artigo publicado "Fontes" está publicada a listaxe desas fontes de información que me foron útiles.
Se vostede ten coñecementos de filoloxía galega e detecta algún erro, por favor, non dubide en comunicarmo pois estaría agradecida xa que o obxectivo deste blogue é a divulgación máis precisa posíbel.
Espero que vos guste e gocedes do blogue,
Saúdos e apertas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo comentario!
Cada opinión e crítica axúdanme a elaborar mellor este blogue :)