luns, 9 de maio de 2016

V

Escribimos con v nos seguintes casos:

1. Nos verbos rematados en -ver, excepto beber, caber, deber, haber, lamber, saber e sorber.

2. Nos verbos rematados en -servar e  -versar: conservar, conversar.

3. Nas formas dos verbos estar (excepto o copretérito ou pret. imperfecto) e ter: estiven, estivera, tiven.

4. Nas terminacións dos adxectivos:
-ava, -ave, -avo: oitava, suave, oitavo. Excepto: árabe
-eva, -evo: lonxeva, lonxevo
-iva, -ivo: activa, activo

5. Nas terminacións dos adxectivos -viro, -vira, -ívoro, -ívora: carnívoro, triunviro.

6. Tras b, d, n: inverno, obvio, advertir.

7. Nas palabras que comezan polo prefixo vice- ("de vez de"): vicepresidente



Cadernos de lingua Ortografía I, Celia Díaz Núñez

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo comentario!

Cada opinión e crítica axúdanme a elaborar mellor este blogue :)